En las orillas del sar

En las orillas del sar.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
Materia
Poesia de poetas individuales
ISBN:
978-84-9121-502-8
Páginas:
408
Colección:
EDICION LITERARIA - XERAIS CLASICOS
20,00 €
IVA incluido
Sin existencias

Despois de -Cantares gallegos- (1863) e -Follas novas- (1880), -En las orillas del Sar- (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na -Weltliteratur-. Contrariamente á visión da obra como unha dimisión, demóstrase aquí o seu intenso carácter nacional galego, tanto no histórico-político, como no cultural ou literario. O Sar da Terra de Iria e de Compostela-Conxo é o río da vida da autora e mailo río da súa literatura. Agora que se apaga e que remata, Rosalía edifica unha extraordinaria arquitectura lírica e formal para o acabamento, para as súas voces e os seus límites, para as súas dúbidas e abismos. -En las orillas del Sar- é final e cume dunha escritora extraordinaria.
Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín (-A espiral no espello. " Bretaña, Esmeraldina " e o sistema literario galego-), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crítica de -En las orillas del Sar- ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.

Otros libros del autor